Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45093

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016.

BDNS (Identif:): 318224.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os pescadores de buques pesqueiros ou, segundo o caso, con titulación que permita desenvolver a actividade pesqueira.

Segundo. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

1. A primeira adquisición dun buque de pesca.

2. A compensación socioeconómica a pescadores que traballasen a bordo dun buque pesqueiro obxecto de axuda á paralización definitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016.

Cuarto. Importe

Para o ano 2016 as axudas concederanse de acordo coa seguinte desagregación aprobada pola Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Aplicación orzamentaria: 14.02.723A.780.0. Importe: 500.000 € para adquisición dun buque de pesca.

Aplicación orzamentaria: 14.02.723A.770.2. Importe: 300.000 € para compensar os efectos da paralización definitiva.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar