Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta do 7 de xullo de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Figueiras, situado nos concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. (expediente LU-11/138-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 7 de xullo de 2016, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Figueiras, situado nos concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. (LU-11/138-EOL).

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Figueiras, situado nos concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. (LU-11/138-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Figueiras (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico promovido por Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. (en diante o promotor) cunha potencia de 22,5 MW.

Segundo. O 24.6.2011, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial, e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 19.6.2012, o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. O 23.8.2012, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo (en diante a xefatura territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Quinto. O 17.9.2012 a xefatura territorial informou que a área definida pola poligonal do parque eólico presentaba superposición coa demarcación de diversos dereitos mineiros, todos eles caducados.

Sexto. O 28.9.2012, a xefatura territorial solicitou os condicionados técnicos, e remitiu as correspondentes separatas do proxecto ás seguintes administracións, organismos ou empresas de servizo público: Concello de Mondoñedo, Augas de Galicia, Abertis Telecom (Retevisión) e Retegal.

Sétimo. Mediante a Resolución do 28 de setembro de 2012, da xefatura territorial, sométeronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 15.11.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 30 de outubro e no xornal El Progreso do 30 de outubro. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da xefatura territorial e dos concellos afectados (Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo).

Durante o período de información pública presentáronse, nas datas que se indican, as seguintes alegacións: Lisardo González Rivas, o 9.11.2012, e Leonardo Eiroá Rivas, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiras, o 8.11.2012. Ambas as dúas alegacións recibiron resposta por parte do promotor.

Oitavo. O 16.10.2012, Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico. O promotor achegou a súa resposta o 23.11.2012.

Noveno. O 5.11.2012, Retevisión I, S.A. remitiu a súa resposta á solicitude do condicionado técnico. O promotor manifestou a súa conformidade o 4.12.2012.

Décimo. O 16.11.2012, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado técnico.

Décimo primeiro. O 21.11.2012, a xefatura territorial reiterou a solicitude de condicionado técnico ao concello de Mondoñedo.

Décimo segundo. O 19.4.2013 a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo terceiro. O 12.7.2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as modificacións de proxecto do parque eólico. Estas modificacións consisten, de forma xeral, no desprazamento dun dos cinco aeroxeradores e están motivadas polas consideracións efectuadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza durante a tramitación ambiental.

Décimo cuarto. O 11.6.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante a Resolución do 8 de xullo de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 196, do 14 de outubro).

Décimo quinto. O 2.3.2015 o promotor presentou o proxecto de execución, o proxecto sectorial e a relación de bens e dereitos afectados actualizados, nos cales se recollen as modificacións autorizadas o 12.7.2013 pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Décimo sexto. Mediante escritos do 26.10.2015, 29 de outubro e 4 de novembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificoulles ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto. Non se recibiu ningunha alegación en relación con estas notificacións.

Para aqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación, o 4.4.2016 publicouse un anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio non compareceu ningún interesado.

Décimo sétimo. O 15.6.2015, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Décimo oitavo. O 2.12.2015, o Servizo de Montes de Lugo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo noveno. O 11.12.2015, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a instalación do parque eólico, e estableceu, así mesmo, o correspondente condicionado.

Vixésimo. O 22.6.2016, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co proxecto de execución do parque eólico Figueiras. Febreiro de 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. No informe do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo do 17.9.2012 indícase que a área definida pola poligonal do parque eólico presenta superposición coa demarcación de diversos dereitos mineiros, todos eles caducados, polo que non procede efectuar o trámite de compatibilidade establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. Durante a tramitación do expediente presentáronse as alegacións indicadas no antecedente de feito sétimo, cun contido substancialmente idéntico, o cal se resume a continuación:

Os alegantes manifestan que non existe xustificación da necesidade do inicio dun proceso de declaración de utilidade pública, posto que na documentación exposta á información pública non se xustifican os motivos polos cales non foi posible chegar a un acordo que evite o inicio do mencionado proceso e a posible expropiación dos bens e dereitos afectados, tal e como establece o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A xuízo dos alegantes, a Consellería de Economía e Industria non poderá conceder a declaración de utilidade pública ao proxecto. Por último, solicitan que se teñan en conta as alegacións presentadas e se lles considere como parte interesada para os efectos de futuras notificacións, información e audiencia.

En resposta ás mencionadas alegacións, cómpre manifestar que na relación de bens e dereitos afectados actualizada, presentada o 2.3.2015, o promotor manifestou que tiña realizado os correspondentes contactos e xestións cos titulares dos bens e dereitos afectados polo proxecto, coa finalidade prevista no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pero que o resultado obtido fose negativo, e non permitiu acadar acordos cos interesados. Non obstante, manifesta a súa vontade de continuar, ata o último momento do procedemento, traballando e desenvolvendo as actuacións necesarias para acadar estes acordos.

De acordo con todo o que antecede, e en exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Figueiras, situado nos concellos de Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Fergo Galicia Vento-PEE, S.L., cunha potencia de 22,5 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Figueiras, composto polo documento Proxecto de execución parque eólico Figueiras. Febreiro 2015, asinado polo enxeñeiro industrial Eloy Prada Hervella, colexiado nº 1898 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Fergo Galicia Vento-PEE, S.L.

Domicilio social: Parque Empresarial Alvedro, rúa E, 8, 15180 Culleredo (A Coruña).

Denominación: parque eólico Figueiras.

Potencia instalada: 22,5 MW.

Concellos afectados: Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Lugo).

Produción neta anual estimada: 56.914 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 15.990.281,66 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico (UTM ED50, fuso 29):

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

623.850,00

4.819.200,00

2

626.575,94

4.819.702,94

3

631.510,00

4.817.900,00

4

630.050,00

4.816.900,00

5

628.400,00

4.815.300,00

6

628.400,00

4.814.800,00

7

627.960,00

4.814.800,00

8

627.400,00

4.814.490,00

9

626.900,00

4.814.050,00

10

626.800,00

4.814.200,00

11

626.870,00

4.814.650,00

12

627.100,00

4.814.750,00

13

627.100,00

4.814.900,00

14

626.900,00

4.814.920,00

15

626.700,00

4.814.720,00

16

626.500,00

4.814.950,00

17

626.550,00

4.815.200,00

18

626.550,00

4.815.300,00

19

626.050,00

4.815.300,00

20

626.030,00

4.815.110,00

21

625.840,00

4.815.100,00

22

625.840,00

4.815.160,00

23

625.740,00

4.815.160,00

24

625.660,00

4.814.900,00

25

625.410,00

4.814.780,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores (UTM ED50, fuso 29):

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

F1

627.997

4.815.896

F2

627.214

4.815.820

F3

628.071

4.816.410

F4

628.611

4.816.361

F5

628.936

4.816.227

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores Gamesa G10X de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, de 150 m de altura de buxa e 150 m de diámetro de rotor.

– 5 centros de transformación de 5.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización entubada, para interconexión entre os centros de transformación 0,69/20 kV.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 117,5 m de altura, equipada con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Camiños ou vías de entre 5 e 10 m de largura, segundo o tramo, e maioritariamente en saburra natural da zona, para o acceso aos aeroxeradores e á torre meteorolóxica.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 319.805,63 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 168.401 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo) o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Fergo Galicia Vento-PEE, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 11.6.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

9. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.