Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica expediente sancionador por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO-39/2015).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establécese que as notificacións que non sexa posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Conforme o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os interesados poderán interpoñer o recurso de alzada ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Comunícase que, ao ser o acto unha resolución sancionadora con multa económica por infracción da Lei 13/2010, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Vigo, 15 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada (comercio)

DNI/CIF

Expediente

Acto

Enderezo

Angela Schiavetta (Natura)

X282778Q

PO-39/2015

Resolución

Rúa Valentín Viqueira, nº 6 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)