Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (428/2016).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 428/2016

Sobre: despedimento

Demandante: Rafael Berdullas Porto

Abogada: Gloria Zuñiga Rial

Demandados: M. Fuentefría Construcciones, S.L., Fogasa

Avogados: (…), Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 428/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Berdullas Porto contra M. Fuentefría Construcciones, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 428/2016, sendo parte nel, como demandante, Rafael Berdullas Porto, asistido pola letrada Sra. Zúñiga Rial, e como demandada, a empresa M. Fuentefría Construcións, S.L., que non comparece, como tampouco o Fogasa, citado de oficio, sobre despedimento e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Rafael Berdullas Porto fronte a M. Fuentefría Construcciones, S.L. e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (15.4.2016) ata que a readmisión teña lugar; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente, salvo erro ou omisión, a 1.039,99 euros, máis 709,05 euros en concepto de aviso previo, máis a cantidade de 1.177,64 euros como salarios debidos, cun incremento do 10 % de xuro; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Condénase a demandada ao pagamento dos honorarios da asistencia letrada da parte demandante, dentro do límite legal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, consignar como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso consignar na «conta de depósitos e consignacións» aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e firma Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en funcións de reforzo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a M. Fuentefría Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza