Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2016 Páx. 44470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2016 pola que se notifica resolución de expediente que declara en situación de abandono o barco Faxán, da lista 4ª, inscrito no folio 5/1998, do distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Marcos Cubeiro Carro, con último domicilio coñecido na rúa Xeral Porlier, 1, 2º D, de Arteixo, A Coruña, na súa condición de propietario da embarcación acreditada por escritura pública notarial de venda outorgada o 13 de decembro de 2013, Resolución do presidente de Portos de Galicia do 13 de xullo de 2016, que declara en situación de abandono o barco Faxán, barco da lista 4ª, inscrito no folio 5/1998, do distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, que na actualidade se atopa varado na mariña seca do porto da Pobra do Caramiñal, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese, por atoparse a embarcación, antes da súa varada forzosa polo perigo de afundimento, atracada sen actividade ningunha durante dous anos, en estado de abandono e sen aboar taxas, con base no establecido nos artigos 302 e 304 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e unha vez que no BOE número 151, do 23 de xuño de 2016 se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións.

A declaración de abandono implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todo os custos que isto implique serán a costa do propietario.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta se atopa na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia