Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de setembro de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/453/2015, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/453/2015 a Juan José Vibel Alonso, en relación coas obras consistentes nunha edificación para uso residencial, no lugar de Mane, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

O expediente citado está á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística