Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de setembro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/59/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar ausente o destinatario.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o día 12 de xullo de 2016 incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a José Antonio Seijas Varela, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Montalvo, Arra, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a José Antonio Seijas Varela, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística