Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de setembro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/148/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 28 de xullo de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de tipoloxía residencial, soleira de formigón, caseta prefabricada e contedor metálico no lugar de Escuadra, no termo municipal da Lama, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Eduardo González Ogando, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística