Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2016 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 28/15.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Eduardo Gómez Ramos, con DNI 46900142-Z, que presenta a reclamación por danos no seu vehículo no porto de Cedeira, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do recurso de reposición contra a resolución da reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na Lamalonga, Serantes, s/n, 15179 Oleiros (A Coruña).

O órgano competente para a resolución do recurso de reposición contra a resolución do expediente é a Consellería do Mar para ditar esta resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, conforme o establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado, das 9.00 ás 14.00 horas.

Para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia