Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo dun sistema xestor de expedientes de contratación pública cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2016-052.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo dun sistema xestor de expedientes de contratación pública, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

c) Lugar de execución: os traballos realizaranse nos locais habilitados polo adxudicatario.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de setembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Solvencia económica e financeira.

Medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 604.507,89 € de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior en todo caso á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional.

Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto deste prego realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado deles.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de subministracións similares ao obxecto deste prego, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao valor da súa anualidade media, IVE non incluído.

Estimarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 403.005,26, IVE non incluído.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Financiamento.

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a administración electrónica a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; Obxectivo 2.3.2, Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.626.0 do Cixtec.

6. Valor estimado do contrato.

Importe: 738.842,98 euros.

7. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 738.842,98 euros. Importe total: 894.000,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 365.000,00 €, IVE incluído.

Exercicio 2017: 264.500,00 €, IVE incluído.

Exercicio 2018: 264.500,00 €, IVE incluído.

8. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Concreción dos criterios de solvencia: ver folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de outubro de 2016.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 13 de outubro de 2016.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

11. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

A data e a hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil do contratante e comunicarase aos licitadores.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

12. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario, de acordo co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable