Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (409/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 409/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Lea López contra Martínez Cebreiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Lea López contra Martínez Cebreiro, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.471,17 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución máis o xuro do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atangue á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET) con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Martínez Cebreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza