Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43460

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (758/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 758/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Adoración Raña Mosquera contra Grafinova, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e confírase traslado da desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con este, facéndolles saber que se non realizan alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes con este.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 27.9.2016.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza