Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (68/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 68/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Elena Arana Silva contra Eduardo López Balsa e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Patricia Elena Arana Silva, representada pola letrada Sra. Caperán García, contra Eduardo López Balsa, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 8.712,08 euros, cantidade que na parte que posúe natureza salarial (7.712,24 euros) devindicará o xuro moratorio do 10 % e na parte que posúe carácter extrasalarial (999,84 euros), o xuro legal do diñeiro.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenado o demandado serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Eduardo López Balsa, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 19 de xullo de 2016

O secretario xudicial