Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43526

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 7 de setembro de 2016 polo que se convoca a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante procedemento para a contratación de subministracións sucesivas e por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para os laboratorios, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada (expediente XF 4/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xenética Fontao, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xenética Fontao, S.A.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación de subministracións sucesivas e por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para os laboratorios da sociedade mercantíl pública Xenética Fontao, S.A., por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) División por lotes e número: si/4.

Lote 1: reactivos de xenética molecular. Lote 2: kits de extracción, amplificación e outros produtos para análise de microsatélites e SNPS e outras técnicas do ADN. Lote 3: material diverso para laboratorio. Lote 4: material de laboratorio de tecnoloxias reprodutivas.

d) Lugar de entrega: Xenética Fontao, S.A., Fontao-Esperante, 27210 Lugo.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco non poderá exceder –individual ou conxuntamente– o prazo de duración destes (ata o 31 de decembro de 2020).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33000000 e 18100000.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.792.151,30 €. IVE (21 %): 376.351,78 €. Importe total: 2.168.503,08 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 2.150.581,56 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

5. Financiamento: Xenética Fontao, S.A.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación de cada lote (IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xenética Fontao, S.A.

b) Domicilio: Fontao-Esperante, 27210 Lugo.

c) Teléfonos: 982 28 43 91.

d) Telefax: 982 28 46 26.

e) Correo electrónico: administracion@xeneticafontao.com

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet nos enderezos:

http://www.xeneticafontao.com/esp/perfil.php

www.contratosdegalicia.es

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 25 de outubro de 2016.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será na sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A., Fontao-Esperante, 27210 Lugo, nas condicións establecidas na cláusula C da folla de especificacións.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo Xenética Fontao, S.A., Fontao-Esperante.

b) Localidade e código postal: Lugo, 27210.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 9 de novembro de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalidades por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula W da carátula).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta de Xenética Fontao, S.A.