Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43525

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador do Mexillón de Galicia

ANUNCIO de regularización de inscricións.

O Pleno do Consello Regulador acordou incluír no novo regulamento que envíe á Consellería do Mar para a súa aprobación e publicación no DOG unha disposición transitoria que lles permitiría aos inscritos que non cumpren os requisitos -por non se teren sometido a auditoría de calidade para a renovación da inscrición rexistral ou por obrigas pendentes de pagamento- regularizaren a situación, eliminaren os saldos debedores anteriores ao 1 de xaneiro de 2016 e accederen de novo ao pleno exercicio dos dereitos que, como inscritos lles correspondería, sempre e cando, antes do 31 de outubro de 2016, cumpran determinadas condicións. Establece, así mesmo, a suspensión definitiva dos inscritos que non cumpran as ditas condicións en aplicación da normativa vixente. As condicións da regularización e demais información figuran no taboleiro de anuncios e máis na web www.mexillondegalicia.org. Este proceso de regularización foi sometido e realízase conforme a tutela administrativa da Consellería do Mar.

Vilagarcía de Arousa, 15 de setembro de 2016

Francisco A. Alcalde García
Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia