Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43530

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 7 de setembro de 2016 polo que se convoca a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco con varios adxudicatarios para cada lote, suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, de diversas subministracións para a alimentación e o coidado dos sementais bovinos (expediente XF 3/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xenética Fontao, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xenética Fontao, S.A.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco con varios adxudicatarios para cada lote, suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de diversas suministracións para a alimentación e o coidado dos sementais bovinos para a empresa Xenética Fontao, S.A.

c) División por lotes e número: si/4.

Lote 1: penso. Lote 2: forraxes. Lote 3: penso líquido. Lote 4: carbonato cálcico.

d) Lugar de entrega: Xenética Fontao, S.A., Fontao-Esperante, 27210 Lugo.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco non poderá exceder –individual ou conxuntamente– o prazo de duración destes (ata o 31 de decembro de 2020).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 15700000-5, 15712000-2 e 03114100-4.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.141.570,83 €, IVE (10 %): 214.157,09 €. Importe total: 2.355.727,92 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 2.591.300,71 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

5. Financiamento: Xenética Fontao, S.A.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento base da licitación de cada lote.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xenética Fontao, S.A.

b) Domicilio: Fontao-Esperante, 27210 Lugo.

c) Teléfonos: 982 28 43 91.

d) Telefax: 982 28 46 26.

e) Correo electrónico: administracion@xeneticafontao.com.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet nos enderezos:

http://www.xeneticafontao.com/esp/perfil.php.

www.contratosdegalicia.es.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 25 de outubro de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será na sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A. Fontao-Esperante, 27210 Lugo, nas condicións establecidas na cláusula M da folla de especificacións.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Xenética Fontao, S.A., Fontao-Esperante.

b) Localidade e código postal: Lugo 27210.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 9 de novembro de 2014.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalidades por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula V da folla de especificacións).

14. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de octubre de 2016.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta de Xenética Fontao, S.A.