Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade á resolución do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante Resolución do 1 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. De conformidade coa base quinta da antedita resolución e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás devanditas probas, a Presidencia do colexio aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas e dispón a súa publicación, para a súa consulta, na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia: www.ga-galicia.com e no taboleiro de anuncios da sede do colexio e das súas delegacións, logo de anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os aspirantes non admitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para emendar, se é o caso, a omisión ou o defecto que motivase a súa non admisión.

Cuarto. Contra a exclusión da que fosen obxecto, os interesados poderán interpor reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación a que se refire o punto anterior.

Quinto. Unha vez que sexan resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do colexio e nas súas delegacións.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza