Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (361/2015).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 361/2015

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Arturo Rodríguez González

Demandados: Celuisma, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o 2 de setembro de 2016, no proceso seguido por instancia de Arturo Rodríguez González contra Celuisma, S.A. e outros, rexistrado co número 361/2015, se acordou citar a The Rioseco Business Corporation, Grupo Hotelero Mar y Sol e Hotel Florida Norte, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 12 de decembro de 2016, ás 10.25 horas e ás 10.30 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión, e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a The Rioseco Business Corporation, Grupo Hotelero Mar y Sol e Hotel Florida Norte, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza