Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, de baixa de entidades no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, por baixa de todas as especialidades formativas en que estaban acreditadas ou inscritas.

Logo de examinar a inscrición/acreditación das entidades que figuran no antecedente primeiro no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia,

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Cruz Lastra, S.L., con NIF: B27184837, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 27C00217, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

CI0353

Patronista escalador

22.1.1998

31.12.2001

PC0001

Operario en pel e coiro

22.1.1998

31.12.2001

PC0711

Maquinista de confección de prendas

22.1.1998

31.12.2001

A entidade Ignacio Brasa Sanjurjo (Brasa Centro Matemático), con NIF: F36005035, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00787, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

TE0354

Relacións humanas

12.1.1999

31.12.2001

A entidade Reboreda, S.L., con CIF: B36630382, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00122, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

AGAE11

Traballador de tratamentos silvícolas

4.10.2002

31.12.2001

AGAE12

Traballador de repoboacións forestais

4.10.2002

31.12.2001

AGAO50

Xardineiro

25.11.1999

31.12.2009

AGAO51

Traballador da conservación

4.10.2002

31.12.2001

AGAO52

Traballador do establecemento

4.10.2002

31.12.2001

AGAX01

Manipulador de produtos fitosanitarios

4.10.2002

31.12.2010

CE0153

Experto en control fitosanitarios

1.1.1995

31.12.2001

FO0301

Operador de actividades xerais forestais

1.1.1995

31.12.2001

MA0253

Manipulador de equipamentos de tratamentos

1.1.1995

31.12.2001

A entidade Escuela de Cocina Telva, con NIF: 35934997G, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00544, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

HO0113

Axudante de repostaría

13.1.1997

31.12.2001

HO0152

Cociña galega

13.1.1997

31.12.2001

HO0551

Sommelier

13.1.1997

31.12.2001

A entidade Modagal, con NIF: 32650513N, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 15C00117, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

IN0013

Programador de contorno medio sistema

1.1.1995

31.12.2001

IN0014

Técnico de hardware microinformático

1.1.1995

31.12.2001

IN0054

Especialista en deseño asistido

1.1.1995

31.12.2001

A entidade Coordinadora de Agricultura Ecológica de Galicia, con CIF: G27163633, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 27C00409, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

AGAH10

Horticultor

1.2.2002

31.12.2009

A entidade Casiopea Centro Académico, con CIF: B15798978, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 15C00960, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

ADGA10

Empregado de oficina

24.10.2002

31.12.2011

ADGA20

Administrativo de persoal

24.11.2004

31.12.2010

ADGA30

Administrativo comercial

24.11.2004

31.12.2011

ADGA40

Administrativo contable

24.10.2002

31.12.2010

ADGF10

Empregado administrativo

14.12.1999

31.12.2011

ADGF60

Empregado de xestión financeira

14.12.1999

31.12.2010

ADGI20

Secretario/a

24.11.2004

31.12.2010

A entidade Industrias González, S.L., con CIF: B36008555, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00856, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

FMEL32

Carpinteiro de aluminio

5.9.1999

26.12.2001

A entidade Inducon Lalín, S.L., con CIF: B36335651, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00844, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

XX0188

Maquinista especialista de confección de roupa de muller

1.1.1995

31.12.2002

A entidade Cidae, S.L. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00077, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

IN0012

Programación de aplicacións de xestión

1.1.1995

31.12.2001

A entidade Regenasa Norte, S.L., con CIF: B36139749, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C01078, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

MAMS10

Carpinteiro

1.1.1995

31.12.2002

A entidade Gestión de Formación Integral, S.L., con CIF: B32160194, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 32C00166, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

TE0311

Técnico en mercadotecnia

7.7.2000

31.12.2001

A entidade Mª Jesús Rúa Rodríguez (C. Clínico Psicopedagógico) encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 36C00781, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

TS8051

Logopedia

17.12.1998

31.12.2001

TS8052

Educador de centros de educación especial

17.12.1998

31.12.2001

A entidade Pedreira e Hijos, S.L., con CIF: B15672702, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia co número de censo 15C00915, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta de homologación

Baixa de homologación

CTCPF30

Maquinista de confección industrial

30.4.1999

31.12.2002

Segundo. As anteditas especialidades formativas causaron baixa no ficheiro de especialidades formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como baixa de homologación.

Terceiro. A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral acordou a iniciación de oficio do procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e deu trámite de audiencia ás anteditas entidades para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos. Os intentos de notificación realizados ás devanditas entidades, nos números de censo indicados, foron devoltos polo servizo de Correos, por resultaren descoñecidos os destinatarios, polo que foron notificadas por medio de anuncios no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que as anteditas entidades as presentasen en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle ao director xeral de Orientación e Promoción Laboral, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 110, do 9 de xuño), e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

Segundo. O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011 dispón que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación dos centros ou entidades cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lles foran concedidas.

Revisados os expedientes, compróbase que todas as especialidades formativas en que estaban acreditadas e/ou inscritas as entidades que constan no antecedente primeiro, cos seus números de censo, causaron baixa no ficheiro de especialidades formativas.

Terceiro. O artigo 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que se poderá dispoñer a acumulación de procedementos que garden identidade substancial, como sucede no presente caso.

Cuarto. O artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que os actos administrativos serán obxecto de publicación cando o aconsellen razóns de interese público apreciadas polo órgano competente.

Todas as notificacións efectuadas foron infrutuosas por resultaren descoñecidos os seus destinatarios, polo que, razóns de economía e eficiencia, aconsellan a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Dar de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes entidades cos números de censo indicados:

Cruz Lastra, S.L., número de censo 27C00217.

Ignacio Brasa Sanjurjo (Brasa Centro Matemático), número de censo 36C00787.

Reboreda, S.L., número de censo 36C00122.

Escuela de Cocina Telva, número de censo 36C00544.

Modagal, número de censo 15C00117.

Coordinadora de Agricultura Ecológica de Galicia, número de censo 27C00409.

Casiopea Centro Académico, número de censo 15C00960.

Industrias González, S.L., número de censo 36C00856.

Inducon Lalín, S.L., número de censo 36C00844.

Cidae, S.L., número de censo 36C00077.

Regenasa Norte, S.L., número de censo 36C01078.

Gestión de Formación Integral, S.L., número de censo 32C00166.

Mª Jesús Rúa Rodríguez (C. Clínico Psicopedagógico), número de censo 36C00781.

Pedreira e Hijos, S.L., número de censo 15C00915.

Publicar no Diario Oficial de Galicia a presente resolución para o seu coñecemento e os efectos oportunos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral