O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 8 de setembro de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 8 do vixente Plan xeral de ordenación municipal relativa á reconfiguración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
O expediente estará exposto ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no DOG, e mediante anuncio nun dos xornais de maior difusión na provincia, e os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo de conformidade co citado artigo.
O expediente comporta a suspensión cautelar de licenzas no ámbito da modificación puntual.
Tomiño, 14 de setembro de 2016
Sandra González Álvarez
Alcaldesa