Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de solicitude de modificación do Plan de implantación e desenvolvemento de telefonía móbil (expediente 195/15).

Presentada pola mercantil Vodafone España, S.A.U. solicitude de modificación do Plan de implantación e desenvolvemento de telefonía móbil no concello de Sanxenxo
(Pontevedra), de conformidade co disposto no artigo número 8 da Ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de instalacións de telefonía móbil persoal e outros servizos de telecomunicación e de difusión, exponse o expediente número 195/15 polo prazo dun mes, para os efectos de que se poida alegar o que se considere oportuno.

O expediente poderase consultar nas oficinas de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas.

Sanxenxo, 13 de xuño de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente