Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación para o alleamento mediante compravenda, polo procedemento aberto e forma de poxa pública á alza, de diversos locais municipais.

1. Entidade alleante.

Organismo: Concello de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: alleamento mediante compravenda, polo procedemento aberto e forma de poxa pública á alza, dos seguintes locais de propiedade municipal:

1º. Predio urbano-local 1: este predio coñecido como local 1 esta destinado a local comercial, formado pola planta baixa dereita, cunha superficie construída de oitenta e nove metros con sesenta e seis decímetros cadrados, do edificio I da rúa Serra, en Pontevedra. Cota: tres enteiros con setenta e cinco centésimas por cento. É o departamento número un da propiedade horizontal a que pertence.

Situación e lindes dese local obxecto de alleamento: está situado na rúa Serra, número 3, de Pontevedra e linda: fronte, por onde ten a súa entrada, rúa Serra; dereita, entrando, rúa Xulio Camba; esquerda, portal de entrada a este edificio, e costas ou fondo: patio común para todos os edificios.

2º. Predio urbano-local 6a: este predio coñecido como local 6a na planta baixa esquerda do edificio II da rúa Serra, en Pontevedra, destinado a local comercial, cunha superficie construída de corenta e dous metros con vinte decímetros cadrados, con dúas entradas, unha pola rúa Serra e outra pola praza de Valentín García Escudero. Cota: un enteiro con noventa e dúas centésimas por cento. É o departamento número dez da propiedade horizontal a que pertence.

Situación e lindes dese local obxecto de alleamento: está situado na rúa Serra, número 1, de Pontevedra e linda: fronte, rúa Serra; dereita, entrando, departamento segregado do local 5; esquerda, praza de Valentín García Escudero, e costas ou fondo: patio común e planta baixa dereita do edificio III ou local 6b.

3º. Predio urbano-local 6b: este predio coñecido como local 6b na planta baixa dereita do edificio III, con fronte á praza de Valentín García Escudero, en Pontevedra, destinado a local comercial, cunha superficie construída de sesenta e dous metros con dezanove decímetros cadrados. Cota: dous enteiros con cincuenta e sete centésimas por cento. É o departamento número dezasete da propiedade horizontal a que pertence.

Situación e lindes dese local obxecto de alleamento: está situado na praza de Valentín García Escudero de Pontevedra e linda: fronte, por onde ten a súa entrada, praza de Valentín García Escudero; dereita, entrando, planta baixa esquerda do edificio II ou local 6a; esquerda, departamento segregado ou local 7, e costas ou fondo, patio común a todas as edificacións.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa á alza.

4. Tipo mínimo de licitación.

Predio urbano-local 1: 81.744,82 euros.

Predio urbano-local 6a: 38.474,58 euros.

Predio urbano-local 6b: 56.699,87 euros.

Nestes tipos non se inclúen, entre outros, as cantidades que teñen que pagar os adxudicatarios polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

5. Garantía.

Provisional: 3 % do tipo de licitación (tributos excluídos) por cada un dos locais polos que se oferta.

6. Obtención de documentación e información.

• Información e documentación: Concello de Pontevedra. Secretaría Xeral ou Patrimonio. Praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 25 90. Perfil do contratante do Concello: sede.pontevedra.gal

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Data límite para presentar ofertas: 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP, DOG ou no perfil do contratante do Concello.

8. Documentación que hai que presentar: a sinalada no artigo 8 do prego de condicións.

9. Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

10. Apertura de ofertas: o segundo día hábil, non sábado, seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas, no Concello de Pontevedra, nos termos fixados no prego de condicións.

11. Criterio de adxudicación: o prezo máis alto.

12. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

13. Outros datos de interese: sobre os locais obxecto de venda existen dereitos de tanteo e retracto en beneficio dos arrendatarios nos termos do prego de condicións.

Pontevedra, 25 de agosto de 2016

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde