Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de expropiación de parcela.

Iniciado o expediente de expropiación de parte dunha parcela para a ocupación do ben que se indica, necesario para a execución do proxecto de conexión dos colectores de saneamento do polígono industrial de Sergude á rede xeral, declarado de utilidade pública e urxente ocupación, faise pública a relación de propietarios e bens afectados, para que dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da última publicación deste edicto no BOP ou DOG, poidan os interesados presentar alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición do ben, achegando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se considere que se cometeron:

Relación de bens e dereitos de necesaria e urxente ocupación:

Datos propietarios

Enderezo

Situación da parcela

Natureza urbaníst.

Ref. catastral e nº de parcela

Superficie afectada

Outros bens afectados

1

Herdeiros José Raviña Devesa

A Eirexe, 22, Sergude

Sergude

Rústica

15012C505001380000DK

Nº 138

Pleno dom.: 1 m2

Serv. acueduto: 20 m2

Ocup. temporal: 53 m2

74 m2 árbores de ribeira

A teor do establecido no número 2 do artigo 52 da LEF, convócanse os propietarios e titulares de dereitos que consten na relación de bens e dereitos afectados para que comparezan o día 24 de outubro ás 11.30 horas na Alcaldía do concello de Boqueixón co fin de proceder ao levantamento das actas previas correspondentes.

Boqueixón, 15 de setembro de 2016

Ovidio Rodeiro Tato
Alcalde