Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43394

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de distribución e venda, fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das publicacións editadas por esta entidade.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de distribución e venda, fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das publicacións editadas pola Deputación Provincial de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no número 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 1 de setembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense