Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de agosto de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU1/27/2013-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 7 de xullo de 2016, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidade urbanística IU1/27/2013 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 13 de decembro de 2013, en que se ordena a demolición dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar non vinculada a explotación agrícola ou gandeira, unha edificación pegada á vivenda destinada a garaxe e unha soleira pavimentada, realizadas sen autorización autonómica, no lugar das Forcadas, parroquia de Corme Porto, no concello de Ponteceso, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Elpidio Chans Costa, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística