Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de agosto de 2016 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/30/2011-D1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 7 de xullo de 2016, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/30/2011, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 18.6.2012, 13.3.2013, 16.4.2014 e 17.11.2014, na cal se ordena a demolición de dúas vivendas, dúas piscinas, parcelación urbanística e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das actuacións, no lugar de Alborelle, s/n, parroquia de Soñeiro, no termo municipal de Sada, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a María Marín García, en representación de Construcciones Alborelle, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e firmo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística