Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de agosto de 2016 pola que se notifica a apertura de período voluntario en execución de sentenza, para o pagamento da sanción e multa coercitiva coa remisión de impreso de pagamento, derivada do expediente SIL/127/2012 e devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 13 de xullo de 2016, acordou abrir un período voluntario para o ingreso do importe da sanción e da multa coercitiva derivadas das resolucións de datas 2.7.2013 e 15.11.2013, ditadas pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística nos expedientes SIL/127/2012 e SIL/127/2012-A1, que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción dunha edificación para uso residencial e varias construcións auxiliares e soleiras no lugar de Castros, termo municipal de Miño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Enrique Cayetano Naranjo Morodo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística