1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Concellaría de Fomento; c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06, correo electrónico: contratacion@vigo.org, enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org, data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 3969/440.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: obras contidas no proxecto Humanización da avenida das Camelias (entre as rúas Doutor Marañón e a rúa Juan Ramón Jiménez); c) División por lotes e número de lotes: non; d) Lugar de execución: Concello de Vigo; e) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 1.000.000 de euros (IVE incluído).
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si (grupo G, subgrupo 6, categoría 3, e grupo E, subgrupo 1, categoría 2); b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: non; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo
(www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.
Vigo, 5 de setembro de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación