Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do contrato de obra de mellora da seguridade da iluminación pública nas parroquias de Barizo, Malpica de Bergantiños, Mens e Vilanova de Santiso (financiada mediante o Plan provincial de aforro e investimento (PAI) 2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: PA 3/2016.

c) Obtención de documentación e información:

c.1. Dependencia: Secretaría.

c.2. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

c.3. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

c.4. Teléfonos: 981 72 03 18/981 72 00 01.

c.5. Telefax: 981 72 16 27.

c.6. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

c.7. Enderezo da internet no pefil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp, plataforma de contratación da Xunta.

c.8. Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mellora da seguridade da iluminación pública nas parroquias de Barizo, Malpica de Bergantiños, Mens e Vilanova de Santiso.

b) Lugar de execución: concello de Malpica de Bergantiños.

c) Prazo de execución: dous (2) meses desde a formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non prorrogable.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

a) Valor estimado: 76.461,29 €; b) IVE (21 %): 16.056,87 €; prezo total (IVE incluído): 92.518,16 €.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o concello do cumprimento do contrato, existe crédito no orzamento con cargo á aplicación orzamentaria 2016.165.63300.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Clasificación substitutiva para os efectos de acreditación da solvencia: grupo I, subgrupo 1, categoría 1 (segundo o Real decreto 1098/2001: categoría B).

c) Solvencia técnica ou profesional: cláusula 12.1.G).

d) Solvencia económica: cláusula 12.1.G).

e) Outros requisitos específicos: non.

f) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o anuncio de licitación será publicado no BOP, no DOG e no perfil do contratante do Concello de Malpica de Bergantiños. As proposicións presentaranse en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas (sábados das 9.00 ás 13.00 horas), dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no BOP.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas:

– Entidade: Concello de Malpica de Bergantiños.

– Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 17 de agosto de 2016

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde