Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43307

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 14 de setembro de 2016 sobre a convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (segunda fase). Axudas DGAN 2016.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social recolle o fomento do deporte de alta competición, convoca a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel «Axudas DGAN 2016».

A instancia de solicitude e a documentación correspondente presentarase no Rexistro da Fundación Deporte Galego: rúa Madrid, 2-4 (Edificio EGAP, 2º andar), polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais. Non se admitirán solicitudes presentadas noutros rexistros diferentes, se chegan á Fundación fóra do prazo establecido neste anuncio.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no ederezo sinalado anteriormente ou na web deporte.xunta.gal. Teléfono 881 99 63 73.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego