Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de suspensión cautelar de licenzas en ámbitos do plan parcial do SURT-2 S-10. Parque ofimático (expediente 631/2015/307).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 5 de agosto de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar a proposta de suspensión cautelar de licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición e do proxecto de urbanización, polo prazo dun ano, nos seguintes ámbitos do plan parcial do SURT-2 “Sector S-10. Parque ofimático”:

1. A totalidade do ámbito situado na marxe dereita da avenida de Lavedra (en sentido saída da cidade), constituída polo sistema viario VL-13, V-14 e VL-15, equipamento público escolar 4, espazos libres EL-3, EL-31, EL-32, EL-33 e EL-34, e parcela edificable Z-47, do plan parcial.

2. O treito da vía VL-13, correspondente ao paso sobre a avenida de Lavedra (excluída a rotonda).

Segundo a delimitación grafada no plano que se achega á presente proposta.

Segundo. Publicar o presente acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na páxina web do concello.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos servizos municipais implicados na execución do planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O plano o que fai referencia o acordo pódese descargar na páxina web de Urbanismo www.coruna.es/urbanismo na epígrafe «Documentos en exposición pública».

A Coruña, 12 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda