Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva de implantes cocleares (expediente MS-SER1-15-053).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-SER1-15-053.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de implantes cocleares.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33185200-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 229, do 1 de decembro de 2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 287, do 1 de decembro de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S 226-411096, do 21 de novembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.312.496,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 963.540,00 euros. Importe total: 1.059.894,00 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 8.7.2016.

b) Data de formalización: 10.8.2016.

c) Contratista: Gabinetes de Audioprótesis Electromedicina y Servicios, S.A. (GAES, S.A.).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 955.325,00 euros. Importe total: 1.050.857,50 euros.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos