Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a notificación do acordo de suspensión do expediente sancionador PSC-PO-1098/2015-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan o acordo de suspensión dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 8 de setembro de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-1098/2015-PPM.

Persoa interesada: María Elena Vilas Torres.

NIF: 53610885R.

Acto de notificación: acordo de suspensión.

Último domicilio coñecido: r/ San José, nº 82, 2º B, Cangas.

Expediente: PSC-PO-1100/2015-PPM.

Persoa interesada: Francisco Javier Vilas Torres.

NIF: 78737095E.

Acto de notificación: acordo de suspensión.

Último domicilio coñecido: r/ San José, nº 82, 2º B, Cangas.