Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un requirimento para facerse cargo dun ben incautado do expediente sancionador PESAN1 2010/960-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa que a continuación se relaciona o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición da interesada nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 8 de setembro de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PESAN1 2010/960-5.

Persoa interesada: María Noelia Rodríguez Reiriz.

NIF: 53114014E.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, nº 10, 1º, Bueu.