Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (526/2016).

Despedimento/cesamentos en xeral 526/2016

Procedemento de orixe:

Sobre despedimento

Demandante: Carlos Hevia Ramos

Avogado: Julián Ramos Zapata

Demandados: Isaac Rosón Ferreiro, Calvi Proyectos, S.L., Aniceto Alonso Rodríguez, Código y Señal, S.L., Equipo Marketing y Publicidad, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 526/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Hevia Ramos contra Equipo Marketing y Publicidad, S.L. sobre despedimento, se acordou citar a Equipo Marketing y Publicidad, S.L. co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 22.9.2016 ás 11.15 e 11.20 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Equipo Marketing y Publicidad, S.L. expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza