Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 7 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente PR905A 2016/61.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

O correspondente expediente consta no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, xa citada, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

O/a secretario/a xeral da Emigración
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Expediente: PR905A 2016/61.

Interesada: Ana Míriam García García.

Acto notificado: Resolución do 19 de agosto de 2016 pola que se declara desistida da solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.