Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43119

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Nas páxinas 39501 e 39502, artigo 4, onde di: «Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público deberá xustificarse o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía, acadando o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro,...), sempre que se documente o servizo que se vai realizar, para o cal se terá en conta a documentación que se establece no punto 9.f), e se xustifiquen acordos cos centros consumidores con que se acaden un 50 % do consumo enerxético previsto na solicitude», debe dicir: «Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, os centros de consumo deben ser públicos e deberá xustificarse o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía, acadando o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro,...), sempre que se documente o servizo que se vai realizar, para o cal terá en conta a documentación que se establece no punto 9.f) e se xustifiquen acordos cos centros consumidores con que se acaden un 50 % do consumo enerxético previsto na solicitude. Nos casos en que as empresas de servizos enerxéticos sexan os beneficiarios, deberán facer constar a solicitude e/ou concesión da axuda ao abeiro destas bases reguladoras nos contratos que subscriban cos centros consumidores de enerxía, así como os compromisos derivados da axuda, en particular, o relativo á durabilidade dos investimentos nos termos previstos no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013».

Na páxina 39502, artigo 4, número 7, onde di: «As empresas en crise, agás cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais», debe dicir: «Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise».

Na páxina 39509, no artigo 9, letra d), eliminar onde di: «2. Salvo redes de calor urbana que subministren ao sector residencial, constancia por escrito do coñecemento por parte do titular ou titulares das instalacións de que se solicita a subvención».

Na páxina 39512, artigo 11, número 1, onde di: «As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feder e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que para o mesmo proxecto ou finalidade leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros,...)», debe dicir: «As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feder e, polo tanto, serán incompatibles a nivel de partida de gasto con calquera outra axuda que leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía nos termos indicados no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013».

Na páxina 39516, artigo 15, número 4, letra a), onde di: «4.a. Grao de concreción do proxecto (8 puntos).

4.a.1. Documentación técnica (5 puntos):

Memoria técnica: 0 puntos.

Anteproxecto asinado por técnico competente: 3 puntos.

Proxecto técnico asinado por técnico competente: 5 puntos», debe dicir: «4.a. Grao de concreción do proxecto (7 puntos).

4.a.1. Documentación técnica (4 puntos):

Anteproxecto asinado por técnico competente: 2 puntos.

Proxecto técnico asinado por técnico competente: 4 puntos».

Na páxina 39517, artigo 15, número 4, letra c), onde di: «4.c. Porcentaxes de acordos cos centros consumidores (7 puntos).

– Acordos para a subministración do 100 % do consumo enerxético previsto na solicitude: 7 puntos», debe dicir: «4.c. Porcentaxes de acordos cos centros consumidores (6 puntos).

– Acordos para a subministración do 100 % do consumo enerxético previsto na solicitude: 6 puntos».