Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO ETX (72/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 72/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Torres Vilariño contra Fogasa sobre ordinario, se ditou auto do 6.6.2016 e decreto do 7.6.2016, do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Torres Vilariño, fronte a Paorga, S.L., parte executada, por importe de 4.972,23 euros en concepto de principal, máis outros 364,27 euros de xuros do artigo 1100 do CC, máis 533,65 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Así como ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a            O/A letrado/a da Administración de xustiza

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente execución da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Paorga, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Torres Vilariño e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto, 5076 0000 64 0033 16. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/A letrado/a da Administración de xustiza

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza