Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43162

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (623/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 623/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Valentín Revella Guerreiro contra Cerámica Rioboo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Dispoño:

Considerar que Valentín Revella Guerreiro desiste da súa demanda fronte a Cerámica Rioboo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social en materia de seguridade social.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Cerámica Rioboo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza