Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos tramitados mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (3 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2016-SEXU-12-13-14/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25736

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (3 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: tres.

Lote 1: arquivo común dos edificios xudiciais de Vigo.

Lote 2: arquivo xudicial territorial de Ourense.

Lote 3: arquivo territorial da Coruña.

d) CPV: 92512000-3. Servizo de arquivos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 36.300,00 €; lote 2: 54.340,00 €; lote 3: 54.340,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: lote 1: 16.500,00 €; lote 2: 24.700,00 €; lote 3: 24.700,00 €.

Importe total: lote 1: 19.965,00 €; lote 2: 29.887,00 €; lote 3: 29.887,00 €.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 23 de agosto de 2016.

b) Data de formalización dos contratos: 29 de agosto de 2016.

c) Contratistas:

Lote 1: Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A.

Lote 2: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Lote 3: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 51.237,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 12.705,00 €; lote 2: 19.266,00 €; lote 3: 19.266,00 €.

Importe total: 61.996,77 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 15.373,05 €; lote 2: 23.311,86 €; lote 3: 23.311,86 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza