Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación de servizos, documentalmente simplificado, suxeito a regulación harmonizada (SARA), consistente na xestión do programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social (contrato cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 32/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social.

b) Número de lotes: a totalidade do servizo constitúe un único lote.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 30 de novembro de 2020.

e) Admisión de prórrogas: ata un máximo posible de 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación: sen IVE: 6.506.464,80 €. Con IVE: 7.157.111,52 €.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Fax: 981 95 75 91.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata a finalización do prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do 15 de outubro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Tamén poderase presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

e) Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62110

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social