Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 30 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade (expediente 2006/71-36).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para os efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2006/71-36.

Interesado: Francisco Javier Iglesias Navarro.

Enderezo: A Relva, nº 110 J, Casa, Torneiros, O Porriño.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 21 de xullo de 2016.

Vigo, 30 de agosto de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo