De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións, ou por descoñecer o domicilio do interesado.
As persoas interesadas poderán interpor recurso ás resolucións ditadas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndoas de que, de non facelo, se terán por notificadas.
Lugo, 24 de agosto de 2016
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Interesado/a |
Nº de expediente |
Asunto |
Data da resolución |
Alberto López Núñez |
2000/366/27 |
Modificación de medida |
6.7.2016 |
Rocío Aguilar Caballero |
|||
Alberto López Núñez |
2000/366/27 |
Concesión de medida |
28.7.2016 |
Mónica Liliana Ortiz Sarmiento |
2002/88/15 |
Concesión de medida |
18.8.2016 |
Luis Fernando Arango |
2015/172/27 |
Concesión de medida |
4.8.2016 |
Aurelio Montoya Montoya |
2016/42/27 |
Concesión de medida |
20.7.2016 |
Mercedes Cortiñas Montoya |
|||
Álex Félix Yapur Quiros |
2016/50/27 |
Modificación de medida |
20.7.2016 |
Anexo á resolución |
5.8.2016 |