Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se comunica resolución do recurso de alzada contra o acordo de inmobilización provisional 13/16 do expediente sancionador 2016148AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 19 de xullo de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do acorodo de inmobilización provisional expediente nº 13/16 do expediente sancionador nº 2016148AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Elbeca Ganadera, S.L.U.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Elbeca Ganadera, S.L.U. a dita resolución do recurso de alzada.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico), situada no 3º andar do Edificio Administrativo San Lázaro en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 30 de agosto de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: expediente de inmobilización provisional nº 13/16 do expediente sancionador 2016148AL-CO.

Interesada: Elbeca Ganadera, S.L.U.

DNI/NIF/CIF: B70058839.

Último enderezo coñecido: pol. Piadela-sur, nave 7, 15319 Betanzos.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.