Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016153TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 4 de agosto de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2016153TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Cocimanía Noroeste, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Cocimanía Noroeste, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 22 de agosto de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016153TA-CO.

Interesada: Cocimanía Noroeste, S.L., (Fika Bar).

DNI/NIF/CIF: B70399654.

Último enderezo coñecido: Fernando Macías, 10 baixo, 15004 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.