O 4 de agosto de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2016073TA-CO incoado a Beatriz Canzobre Mirantes.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Beatriz Canzobre Mirantes o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 22 de agosto de 2016
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2016073TA-CO.
Interesada: Beatriz Canzobre Mirantes.
DNI/NIF/CIF: 47404815K.
Derradeiro enderezo coñecido: Emilia Pardo Bazán, 18-5º esquerda, 15005 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.