Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolución ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00184-I-2015 e quince máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador número DX-00184-I-2015 e quince máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

DX-00184-I-2015

Obstrución

Transportes Antonio Esteves e Hijos, S.L.

B36938017

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

2.9.2015; 9.51.00

Art. 140.12 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 €

DX-00200-I-2015

Obstrución

Marcos Martínez Rodríguez

76819001J

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

4.9.2015; 10.47.00

Art. 140.12 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 €

LU-01297-O-2015

5489-DYJ

Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L.

B70182969

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

28.7.2015; 17.15.00; A-6; 517,0

Art. 140.34 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

LU-01425-O-2015

0412-FLB

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

21.8.2015; 17.18.00; AG-64; 55,9

Art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 €

LU-01433-O-2015

6999-BYT

TJCV 14, S.L.

B27459213

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou digital, que se estea utilizando.

26.8.2015; 11.35.00; A-6; 522,0

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

LU-01495-O-2015

M-2384-LX

Aipra Sistemas, S.L.

B81784233

Levar o reloxo do tacógrafo marcando unha hora distinta á do país de matriculación ou á real sempre que iso impida a lectura adecuada das actividades do condutor.

21.9.2015; 9.23.00; N-120; 498,1

Art. 140.33 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

OU-01445-O-2015

8887-FJG

Instalaciones Avícolas Arias, S.L.

B32225260

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

21.9.2015; 18.13.00; A-52 181,1

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

4.000 €

OU-01697-O-2015

7841-JJD

Trabegons, S.L.

B36177087

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que este non conste no seu poder.

20.11.2015; 9.23.00; A-52; 262

Art. 140.22 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

2.001 €

OU-01705-O-2015

9571-HBN

Nieto Ares, S.L.

B36283331

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

31.10.2015; 3.13.00; A-52; 249

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-03546-O-2015

5619-GYV

Óscar Ramón González Bugallo

36146065R

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

8.6.2015; 18.4.00; PO-510; 0,3

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

4.000 €

PO-03957-O-2015

PO-5969-BG

Soynaci, S.L.

B36177004

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou digital, que se estea utilizando.

15.7.2015; 17.49.00; PO-531; 10,0

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-04181-O-2015

9179-BPF

José Juan García Somozas

52500485H

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

4.5.2015; 10.56.00; PO-542; 5,5

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

4.000 €

XC-02415-O-2015

2385-GCP

Arias Logística y Transportes, S.L.

B27288521

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

17.4.2015; 12.45.00; AG-64; 4,1

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €

XC-02937-O-2015

0753-FMN

Empresa Sánchez, S.L.

B15025711

O incumprimento da obriga de subscribir os seguros preceptivos con cobertura suficiente.

28.5.2015; 8.25.00; N-550; 80,5

Art. 140.19 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

0 €

XC-04039-O-2015

0679-HTX

Cárnicas Tebi, S.L.

B47451844

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

9.9.2015; 9.25.00; N-VI; 567,5

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

0 €

XC-04040-O-2015

0679-HTX

Cárnicas Tebi, S.L.

B47451844

Non levar a bordo do vehículo o cartón de condutor, aínda que se estea utilizando un tacógrafo analóxico, cando resulte necesario para apreciar as condicións de condución durante o período anterior exixible.

9.9.2015; 9.25.00; N-VI; 567,5

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 €