Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Vilaboa e Moaña (expediente IN407A 2016/190-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UTE Rande.

Domicilio social: rúa Wescensalo Fernández Flórez, nº 1, 1º, 15005 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS para obras na ponte de Rande.

Situación: Vilaboa e Moaña.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 31 metros de lonxitude, aproximadamente, con orixe na LMTS que alimenta o CT ponte de Rande (Vilaboa) e final no CT existente ponte de Rande unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado en Palmás, Domaio, Moaña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra