Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/483-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: extensión LMTS SAX804 ao apoio 17 da VLG804 e reforma CT Vichona.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 652 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar coa LMTS SAX804 e final no apoio 17 na VLG804, unha vez que entre e saia do centro de transformación existente Vichona. Reforma do centro de transformación Vichona consistente na substitución das celas existentes 2L1P por celas 4L1P telecontroladas. A instalación está situada en Forxán, Adina, Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra