Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 29 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de procedencia de reintegro das axudas ao Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, reguladas na Orde do 6 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto), relativa ao expediente TR349C 2012/105-2.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo do 16 de agosto de 2016, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 29 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349C 2012/105-2.

Nome: O porquiño polo que vale, C.B.

DNI/NIF: E27434950.

Último enderezo coñecido: Rúa Nova, 22, baixo, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de tres anos contados desde a data de realización da transformación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo III da Orde do 6 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 19 de maio do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.